Contido coa etiqueta .
Guardia Civil
.png)
Prisión para o ex-xefe da Garda Civil no porto de Valencia e outros tres detidos por narcotráfico
07/12/2024 23:20
O ex-xefe da Garda Civil fora detido como presunto autor de delitos de tráfico de drogas, organización criminal, suborno pasivo, revelación de segredos e omisión do deber de perseguir delitos

A criminalidade baixa un 1,2 % en Galicia en 2023 e os ciberdelitos medran un 4,3 %
29/03/2024 08:26
No conxunto do Estado, a criminalidade aumentou un 5,9 % o ano pasado arrastrada pola alza da ciberdelincuencia, que foi do 25,5 %
En 2023 cometéronse en Galicia 811 delitos contra a liberdade sexual, un 25 % máis ca en 2022
Os delitos contra a liberdade sexual aumentaron un 15 % en España
O Ministerio do Interior relaciona este aumento coa predisposición das vítimas a denunciaren

Seis mortos tras saltar un camión un control da Garda Civil en Sevilla
19/03/2024 08:43
Os falecidos son dous gardas civís que participaban nun control habitual contra o narco e catro civís procedentes de Cádiz que estaban parados no punto
O operativo formaba parte do Plan de Seguridade do Campo de Xibraltar
O transportista deu negativo en alcol e drogas e está investigado por seis delitos de homicidio por imprudencia e tres de lesións graves
Tráfico apunta á somnolencia ou a outra distracción como a causa principal

Investigan dúas persoas por suplantar a identidade nun exame de conducir en Santiago
15/03/2024 12:09
Os funcionarios dubidaron da identidade dun individuo a pesar de que portaba o DNI verdadeiro do aspirante, co que gardaba gran parecido físico
Os dous homes enfróntanse a unha pena de prisión de 6 meses a 3 anos e a unha multa de 6 a 12 meses

Interceptada unha condutora ebria en sentido contrario na A-52
19/02/2024 13:41
Quintuplicaba a taxa máxima permitida de alcol
Circulou 14 quilómetros en sentido contrario á altura de Riós

Xa son oito os detidos pola morte de dous gardas civís en Barbate
09/02/2024 22:11
Seis dos arrestados ían na narcolancha que arremeteu contra a patrulleira da Garda Civil
O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, insistiu en que se poñerán a disposición das forzas de seguridade todos os medios necesarios para loitar contra o narcotráfico

Detido con 45 toneladas de litio nun almacén clandestino nunha vila de Segovia
07/08/2023 11:03
Está acusado de delitos de risco provocado por explosión ou outros axentes, contra os recursos naturais e medio ambiente, contra a Facenda pública e contra a Seguridade Social

A Garda Civil comisou 19 quilos de percebes en Caión
04/08/2023 08:21
O home intentou fuxir polos carreiros da costa e aos 500 metros foi detido

A Garda Civil e a Policía Nacional desmantelan unha plantación de marihuana en Cambre
01/08/2023 13:28
Procederon á detención de dous homes por un delito de tráfico de estupefacientes e fraude de fluído eléctrico
Podían facer catro colleitas de marihuana ao ano, reportando uns beneficios de máis de 140.000 euros

A Garda Civil detén 15 persoas en Galicia por máis de 40 delitos contra o patrimonio
01/08/2023 12:55
O valor do subtraído supera os 700.000 euros
Están previstas máis detencións ao longo da semana
Un dos detidos ingresou en prisión e o resto dos investigados quedaron en liberdade coa obrigación de presentarse periodicamente no xulgado

Rescatan dez persoas esta fin semana nos Pireneos por caídas, lesións ou enfermidades
31/07/2023 08:44
Algúns dos rescates fixéronse con helicóptero debido á dificultade de accesos do lugar