Contido coa etiqueta .
Igrexa

Protestas contra un crego de Outeiro de Rei por "prácticas abusivas e discriminación"
18/01/2025 20:11
Acusan o párroco de intimidar algúns fregueses e de "actitudes ditatoriais"

Despois de case seis anos de restauración, a catedral de Notre Dame abre de novo as portas
07/12/2024 20:38
Trump e Zelensky entre os mais de trinta mandatários internacionais presentes

Abre as súas portas o belén de Begonte, un nacemento con medio século de historia
30/11/2024 21:10
A montaxe inclúe máis de setenta figuras e cada ano incorpora novidades
Está declarado de interese interese turístico galego e pódese visitar ata o 1 de febreiro

Cortan o tráfico na igrexa de San Miguel de Oia para pedir que marche o párroco
03/11/2024 14:15
Medio cento de persoas manifestáronse no templo vigués tras recoller 700 sinaturas contra o crego

O ourensán Juan Jacobo Fernández xa é santo da Igrexa católica
20/10/2024 13:50
Foi canonizado polo Papa xunto cos outros mártires de Damasco
Morreu asasinado por defender a súa fe na capital de Siria en 1860

O papa beatifica a monxa española Ana de Jesús, fiel compañeira de Santa Teresa
29/09/2024 13:00
A monxa da Orde das Carmelitas Descalzas foi a encargada de recompilar as obras da santa de Ávila

O papa exíselles aos bispos: "Non encubran os abusos! Condenen os abusadores"
29/09/2024 12:08
O Pontífice pide que se xulgue o maltratador, "sexa laico, laica, sacerdote ou bispo"

O papa, en Bélxica: "Os abusos a menores son a vergoña e a humillación da Igrexa"
27/09/2024 11:03
Francisco afirma que a Igrexa debe "pedir perdón" e "facer de todo para que non suceda máis", no seu discurso perante as autoridades belgas
O primeiro ministro en funcións pide "pasos concretos" e o rei Filipe di que "se tardou demais en escoitar as vítimas"

As parroquias da diocese Tui-Vigo comunícanse por WhatsApp cos fregueses
17/09/2024 20:51
A Igrexa súmase aos avances tecnolóxicos co obxectivo de facilitar a comunicación cos fregueses
O grupo xa supera os catrocentos usuarios

Procesión do Encontro e danzas gremiais na honra da Virxe do Cristal
15/09/2024 14:46
A imaxe, réplica da orixinal desaparecida dende o asasinato do párroco en 2015, percorreu Vilanova dos Infantes
No centro do burgo medieval encontrouse con san Roque e san Sebastián

O retablo da igrexa de Santa Baia de Donas en Gondomar sofre un ataque de térmites
13/09/2024 16:03
A veciñanza decidiu organizar unha comida para recadar fondos para a restauración
Na parroquia confían en que o bispado autorice a venda duns terreos e destinar os cartos a salvar o patrimonio

Vandalizan cunha pintada a igrexa de Castrelos en Vigo, de 800 anos de antigüidade
31/08/2024 11:51
O atentado contra o patrimonio produciuse na parte exterior da sancristía, ao carón da ábsida
.png)
Vigo vivirá esta tarde a multitudinaria procesión do Cristo da Vitoria
04/08/2024 14:17
Poderáse ver pola TVG desde as 19:25

Antonio Valín apela a practicar a caridade na súa toma de posesión como bispo de Tui-Vigo
21/07/2024 11:48
A catedral de Tui albergou a súa ordenación episcopal e a toma de posesión ante un milleiro de invitados

O arcebispo de Burgos excomunga ás monxas clarisas de Belorado
22/06/2024 16:31
As relixiosas tiñan ata as 14:00 horas do venres para comparecer ante o Tribunal Eclesiástico, non asistiron e avisaron por Burofax o arcebispado

As clarisas de Belorado ratifican a súa decisión de saír da Igrexa e serán excomungadas
21/06/2024 16:33
As relixiosas din que o seu abandono da Igrexa é froito dunha "madura, meditada e consciente reflexión"
Aseguran que a excomunión non lles preocupa, xa que non recoñecen o Tribunal Eclesiástico que ten que tomar a medida

Quince monxas clarisas de Burgos e Vitoria retan a xerarquía da Igrexa católica
16/05/2024 14:40
Pertencen aos mosteiros de Belorado, en Burgos, e o de Orduña, en Vitoria, e enfróntanse á expulsión
Detrás desta decisión está a venda dun mosteiro propiedade da congregación que o Vaticano non autoriza

"Cáritas achega o rostro dunha Igrexa que trata de estar preto das persoas"
06/05/2024 09:07
O arcebispo de Santiago sinala que as cinco dioceses galegas atenderon 145.000 persoas en 2022
Francisco José Prieto insta os contribuíntes galegos a marcar o "x" para a Igrexa na declaración da renda porque "beneficia o conxunto da sociedade"

23/04/2024 10:52
A Igrexa responde o Goberno: "Non aceptamos un plan que discrimina a maioría de vítimas"
Antes da resposta da Conferencia Episcopal o ministro Félix Bolaños asegura que "a Igrexa católica ten vontade de colaborar"
As medidas parte das recomendacións feitas polo informe elaborado polo Defensor do Pobo

Igrexa e empresarios reflexionan en Santiago sobre ética e ben común
12/04/2024 13:55
O arcebispado de Santiago convida neste foro os empresarios a que falen non só de balances de resultados, senón tamén de traballo digno ou inserción social

O mal tempo obrigou a suspender a procesión dos Caladiños na Coruña
30/03/2024 21:19
A Semana Santa despídese este domingo co desfile de Xesús Resucitado e Nosa Señora da Esperanza

Falece o sancristán de Carballo ao que lle caeu na cabeza a imaxe dun santo
24/03/2024 15:56
Morreu a noite pasada no hospital da Coruña a causa das feridas

Ferido grave un sancristán en Carballo ao caerlle na cabeza a imaxe dun santo
23/03/2024 20:59
Todo parece indicar que sufriu unha indisposición e puido tentar apoiarse na figura

O papa Francisco renuncia a ler o seu discurso deste sábado por motivos de saúde
16/03/2024 12:16
Recibiu o persoal do hospital pediátrico vaticano Bambino Gesù, doentes e familiares

Luis Argüello, arcebispo de Valladolid, novo presidente da Conferencia Episcopal
05/03/2024 10:32
Argüello, de 70 anos, volve así á CEE, onde xa exerceu como secretario xeral e portavoz entre os anos 2018 e 2022

Rouban nunha igrexa de Boiro xoias valoradas en 8.000 euros
29/02/2024 13:54
A Garda Civil abriu unha investigación para dar cos autores
É o segundo roubo que sofren na igrexa de Santo André de Cures

A igrexa de Orto, en Abegondo, danada por un raio hai dous anos, reabrirá en abril
14/02/2024 14:11
A burocracia de Patrimonio foi o causante principal da demora no reacondicionamento do tempo de San Martiño
.jpg)
A Igrexa estudará todas as denuncias presentadas por abusos
01/02/2024 12:06
Unha comisión de arbitraxe estudará os abusos que prescribisen e aqueles en que o agresor faleceu

Un tiroteo en Istambul deixa un falecido durante a misa nunha igrexa católica
28/01/2024 16:33
O grupo terrorista Estado Islámico reivindicou este domingo o ataque

Chove no interior da igrexa monfortina da Compañía
19/01/2024 13:57
A auga que cae da cúpula obriga a cubrir con plásticos os bancos de madeira

Detido un veciño da Coruña por unha vaga de roubos en varios concellos
27/12/2023 08:26

Fai dez anos do incendio do santuario da Virxe da Barca
24/12/2023 19:14
A construción restaurouse, pero Muxía segue agardando por un retablo novo

Repenique polos 30 anos do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade
10/12/2023 12:29
A ruta de peregrinaxe celebra o aniversario cun badaleo simultáneo en varios puntos do percorrido

O papa Francisco cancela a súa axenda por un "lixeiro estado gripal"
25/11/2023 10:21
O 6 de novembro o propio pontífice asegurou que non se atopaba ben de saúde pero continuou coa actividade normal

Detido o presunto autor dos roubos ás igrexas en Ferrol
23/11/2023 10:04
Foi localizado polos axentes en plena noite e pouco despois de que se rexistrara un novo roubo, desta volta na igrexa de Santa Cecilia

Usar un paraugas para estar na misa; a chuvia cóase dentro da igrexa de Entrimo
22/11/2023 14:13
Os veciños de Entrimo teñen media igrexa, declarada Ben de Interese Cultural, inutilizada por mor das pingueiras
Nun dos concellos máis chuviosos de Galicia, a auga fíltrase desde o tellado ata as paredes e estraga alfombras, retablos e ata a pedra

A Igrexa esixe unha revisión da enquisa do Defensor do Pobo sobre abusos
20/11/2023 12:05
A institución expón o seu malestar pola "extrapolación maliciosa" dos datos recollidos pola enquisa

Unha veciña de Cangas presenta unha denuncia polo son das campás
16/11/2023 17:53
O arcebispado alegou que esas badaladas son as chamadas á misa, no Ángelus e nos funerais
Mentres non haxa resolución, o consistorio recomenda que se baixe o volume

Entran a roubar nunha igrexa de Boborás pero só conseguen "unhas poucas moedas"
05/11/2023 19:38
Os ladróns fixeron estragos no lateral da porta e no sagrario ao tentar abrilo
Houbo outros furtos en igrexas hai uns meses no Carballiño

Tres detidos por roubos en igrexas na comarca do Ribeiro
10/10/2023 19:36
Desmantelado este grupo criminal especializado en roubos contra o patrimonio na zona
Detiveron tres mozos, todos veciños da zona, e impútanlles unha vintena de roubos
O xuíz xa decretou o seu ingreso en prisión