Contido coa etiqueta .
Tribunal Supremo

O fiscal xeral do Estado nega ao xuíz que filtrase os correos da parella de Ayuso
29/01/2025 10:27
García Ortiz asegurou que tampouco deu a orde a ninguén da súa contorna para facilitar esa información sobre o noivo da presidenta madrileña

García Ortiz declara este mércores ante o Supremo pola filtración sobre o noivo de Ayuso
28/01/2025 21:00
É o primeiro fiscal xeral en comparecer como investigado
O Tribunal Supremo mantén a Álvaro García Ortiz como fiscal xeral do Estado

O Tribunal Supremo mantén a Álvaro García Ortiz como fiscal xeral do Estado
28/01/2025 11:59
A Sección Cuarta da Sala do contencioso administrativo avanzou o ditame da sentenza que rexeita o recurso da Asociación Profesional e Independente de Fiscais
A coalición celebra a decisión e Feijóo insiste en pedir a súa dimisión ou cesamento

O xuíz rexeita a petición do fiscal xeral de aprazar a súa declaración
27/01/2025 10:53
O xuíz instrutor do caso tamén rexeitou varias dilixencias, entre elas a declaración da parella de Isabel Díaz Ayuso ou a intervención do móbil de Miguel Ángel Rodríguez
García Ortiz acusa os fiscais que recorreron o seu nomeamento de "socavar ao Goberno"

O Congreso aproba con 345 si o suplicatorio para que o Supremo investigue a Ábalos polo caso Koldo
22/01/2025 15:52
Na sesión non interviñeron nin o PSOE nin Ábalos, que nin sequera estaba no hemiciclo e solicitara aprazar a decisión

O xuíz pide a WhatsApp e Google datos do fiscal xeral para recuperar as súas mensaxes
20/01/2025 10:43
Entra dentro do marco da investigación da querela que presentou Alberto González Amador, parella de Isabel Díaz Ayuso, contra o xefe do Ministerio Público por presunta revelación de segredos

Bolaños defende a García Ortiz e afirma que "a verdade abrirá paso"
15/01/2025 13:01
O fiscal xeral do Estado declarará o próximo 29 de xaneiro por un presunto delito de revelación de segredos
O ministro de Presidencia cre que García Ortiz fixo o que debía ao "perseguir o delito"

14/01/2025 14:06
A decisión deberá ser avalada polo Pleno do Congreso nunha próxima sesión

Baltar nega no Supremo cometer un delito contra a seguridade viaria: "Nunca superei os 200 km/h"
13/01/2025 14:21
A Fiscalía acusa a Baltar de conducir a 215 quilómetros por hora ao alcanzar o punto quilométrico 66,900, dentro do termo municipal zamorano de Asturianos, nun tramo limitado a 120 quilómetros
Sobre o ocorrido, dixo que foi interceptado polos axentes tras o aviso dun radar e que, tras facer as comprobacións oportunas, comunicáronlle que cometera unha infracción administrativa
Na vista, un axente que interveu no control explicou que "a velocidade de captación foi de 215 quilómetros/hora" e que aplicado unha marxe de erro do 5 %, como corresponde a este radar estático, a velocidade aproximada sería de "204 quilómetros/hora"

Ábalos di ser obxecto dunha operación para "incriminalo" e pide amparo ao Congreso
13/01/2025 12:40
O exministro presentou un documento de alegacións de preto de 80 páxinas ao suplicatorio solicitado polo Tribunal Supremo polo caso Koldo

O Supremo cita o fiscal xeral do Estado para declarar como investigado o 29 de xaneiro
13/01/2025 10:21
O xuíz instrutor entende que "hai unha base indiciaria para presumir a relevante participación" do fiscal xeral na filtración sobre o noivo da presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso
Amais abre unha nova imputación ao número dous da Secretaría Técnica da Fiscalía Xeral do Estado, Diego Villafañe
O maxistrado di que o correo sobre o noivo de Ayuso tivo "saída" na Fiscalía e "destino" na Presidencia do Goberno, onde se fixeron xestións para que se publicase

O senador Baltar Blanco, a xuízo este luns no Supremo por circular a 215 km/h
12/01/2025 22:30
A Fiscalía pide unha multa de 1.800 euros e un ano de privación do carné de conducir por un delito contra a seguridade viaria
A defensa entende que a causa está resolta porque pagaron a multa e houbo retirada de seis puntos; ademais, sostén que nunca pasou dos 200 por hora, o mínimo para ser delito

A Fiscalía do Supremo pide a imputación de Alvise polas desordes de Ferraz de 2023
11/01/2025 12:28
Considera que pode "aparecer indiciariamente como autor do presunto delito de desordes públicas" no marco das protestas contra a amnistía

O Supremo dos EUA inclínase por apoiar a lei que pecharía TikTok no país en 10 días
10/01/2025 19:43
Isto acontecería se non se separa da súa empresa matriz, a chinesa ByteDance, antes do 19 de xaneiro, como estipula a norma
O representante de TikTok defende que a norma suporía abrir a porta á censura e que vai en contra da liberdade de expresión da empresa e dos usuarios
A fiscal Elizabeth Prelogar expuxo que a recompilación de datos e a manipulación de contidos que, segundo di fai TikTok, son ameazas para a seguridade nacional

O Supremo avala investigar a Ábalos por corrupción tras rexeitar o seu recurso
07/01/2025 14:04
O maxistrado Leopoldo Puente aprecia "indicios bastantes" contra el e non simples sospeitas

O Supremo pide á UCO recuperar as mensaxes do móbil de García Ortiz
07/01/2025 10:56
Cando o teléfono foi comisado non se atopou ningunha, a pesar de que noutro informe si se atopou un intercambio con Pilar Rodríguez

A UCO certifica que o fiscal xeral cambiou de móbil xusto despois de abrirlle causa o Supremo
03/01/2025 15:01
Foi unha semana antes de que o xuíz ordenase o rexistro do despacho de García Ortiz para requisar os seus teléfonos e correos electrónicos

Ábalos sinala no Supremo que Sánchez non lle deu ningunha razón para cesalo como ministro
03/01/2025 14:16
Admite que só lle dixo: "Esta viaxe rematou"
O exministro declarou que foi Santos Cerdán quen lle suxeriu a Koldo García
Aldama di no Supremo que parte das comisións eran para o PSOE e Koldo nega as 'mordidas'

Aldama di no Supremo que parte das comisións eran para o PSOE e Koldo nega as 'mordidas'
03/01/2025 09:44
O empresario e presunto comisionista calcula que el puido gañar ata catro millóns de euros, pero non precisa a suposta contía dos socialistas
Koldo desmente ante o xuíz a existencia de comisións ilegais e exculpa a Ábalos
Ábalos sinala no Supremo que Sánchez non lle deu ningunha razón para cesalo como ministro

Ábalos declarou no Supremo que foi Santos Cerdán quen lle suxeriu a Koldo García
02/01/2025 20:24
O exministro afirmou que o secretario de Organización do PSOE lle fixo a proposta tras gañar Sánchez as primarias de 2016

27/12/2024 08:50
A votación final podería producirse en febreiro
A súa aprobación dáse por segura co voto a favor de PP, PSOE, Vox e Sumar
O exasesor de Ábalos tiña acceso á información interna do Goberno canario

O Supremo busca o móbil de onde saíron as mensaxes de García Ortiz
24/12/2024 14:07
Pídelle á UCO que lle facilite números de telefono e IMEI asociados ás dúas tarxetas utilizadas por Álvaro García Ortiz
A APIF pide imputar o fiscal xeral por outros dous delitos: prevaricación e infidelidade na custodia de documentos públicos

23/12/2024 10:42
A Asociación Profesional e Independente de Fiscais (APIF), que exerce a acusación popular, pídelle ao xuíz que cite a declarar o fiscal xeral e que reclame á Fiscalía os protocolos de borrados de datos

Ábalos pide ao Supremo que anule a causa contra el por unha intervención ilegal da UCO
20/12/2024 15:21
Afirma que se vulnerou a privacidade da súa correspondencia e a inviolabilidade das súas comunicacións
O Congreso iniciará o vindeiro venres a tramitación do suplicatorio de Ábalos

20/12/2024 13:26
A actual establécese en 33 días por ano traballado
A decisión responde a unha crítica do Comité Europeo de Dereitos Sociais sobre o sistema actual de compensacións en España

20/12/2024 11:52
No seu auto, o xuíz asegura que existen "indicios sólidos" de responsabilidade penal fronte ao deputado do Parlamento Europeo e, por tanto, debe ser o Tribunal Supremo o competente para continuar a instrución debido ao aforamento que ten

O Supremo pide ao Congreso o suplicatorio para investigar a Ábalos por catro delitos
18/12/2024 11:32
Os crimes estarían relacionados con integración en organización criminal, tráfico de influencias, suborno e malversación
O PSOE votará a favor da instancia
O pleno do Congreso non decidirá sobre o suplicatorio de antes de febreiro

O Supremo rexeita que os empregados estean obrigados a facilitar correos persoais
18/12/2024 10:03
A Audiencia Nacional deu a razón aos sindicatos e declarou contraria ao dereito a práctica patronal de requirir a poñer á disposición o correo electrónico persoal

O Supremo xulgará o 13 de xaneiro a Baltar por circular a 215 quilómetros por hora
17/12/2024 15:14
A Fiscalía pide para o expresidente da Deputación de Ourense e senador do PP 1.800 euros de multa e un ano sen carné de conducir por un delito contra a seguridade viaria
Baltar Blanco rexeitou cometer un delito contra a seguridade viaria, debido a que sostén que nunca pasou dos 200 quilómetros por hora, o mínimo para que sexa considerado delito

Koldo García nega as comisións pero di que Aldama ía moito ao Ministerio de Transportes
17/12/2024 09:55
O que fora asesor de José Luis Ábalos dixo no Supremo que non ten constancia de que se repartise diñeiro algún de comisións nin ao exministro nin a ningunha outra persoa
Koldo García di que houbo unha xuntanza de Aldama e Ábalos na casa do exministro
Ábalos comunica ao Supremo que Sánchez "non lle debeu nin lle debe nada" a Aldama

Aldama di no Supremo que houbo ata catro millóns en comisións e que unha parte era para o PSOE
16/12/2024 09:51
O empresario declarou como imputado durante máis de tres horas e entregou conversas de WhatsApp para probar as súas acusacións
O PSOE presentará unha querela contra Víctor de Aldama por inxurias e calumnias: "Todo o que dixo Aldama é absolutamente falso"
Detida a empresaria que dixo entregar 90.000 euros na sede do PSOE
Publícase unha nova imaxe de Aldama na sede do PSOE en Ferraz

Ábalos nega ante o xuíz que cobrase comisións de Aldama e descarga responsabilidades en Koldo
12/12/2024 14:07
Comprometeuse a entregar ao alto tribunal a documentación que acreditaría o manifestado
O exministro chegou ao Supremo rodeado dunha grande expectación mediática e medidas de seguridade

Ábalos chega ao Supremo para declarar no caso Koldo tras as acusacións de De Aldama
11/12/2024 12:51
Ábalos chegou ao alto tribunal en taxi rodeado dunha grande expectación mediática e medidas de seguridade, con axentes que custodiaban a zona de acceso á sede xudicial unhas horas antes da súa cita
Desde o PSOE afirman que esperan con "tranquilidade" a súa declaración para que "toda a verdade saia á luz"

O Supremo volve citar a Ábalos este xoves
09/12/2024 15:29
Acepta esta data despois de que o instrutor da causa, Leopoldo Puente, rexeitara a súa petición de pospoñela
O Supremo anula a declaración voluntaria de Ábalos prevista para este xoves

O Supremo non imputa "polo momento" a asesora de Moncloa que enviou as mensaxes a Lobato
04/12/2024 13:57
O xuíz Ángel Hurtado desestima a petición de Manos Limpias e do Colexio de Avogados de Madrid en espera do resultado do informe da UCO sobre o baleirado do móbil do exlíder dos socialistas madrileños

Ábalos comunica ao Supremo que irá declarar o 12 de decembro polo caso Koldo
04/12/2024 11:48
Ao aceptar declarar de forma voluntaria, o Tribunal Supremo non terá que solicitar un suplicatorio ao Congreso dos Deputados para interrogar o exministro

A Fiscalía pide que o Supremo investigue o eurodeputado Alvise por financiamento ilegal
02/12/2024 19:40
A Fiscalía Anticorrupción dá este paso en relación á suposta obtención de 100.000 euros dun empresario para a súa campaña electoral
A Audiencia Nacional investiga a Alvise por un posible financiamento ilegal de partidos

O Supremo cita a declarar a Ábalos de forma voluntaria o 12 de decembro polo caso Koldo
02/12/2024 13:02
O Alto Tribunal cita como investigados a Koldo García e Víctor de Aldama os días 16 e 17 deste mes

O Supremo avala que se colgue a bandeira LGTBI en edificios públicos no Orgullo
02/12/2024 12:43
O TS indica en dúas sentenzas que a bandeira "nin se colocou para substituír ou subordinar a ela as bandeiras e insignias oficiais nin é un signo ou símbolo de significación partidista e tampouco propugna ningún tipo de enfrontamento"

Exmaxistrados e exfiscais querélanse contra o rei emérito no Supremo por delitos fiscais
25/11/2024 10:37
Entre os querelantes figuran o exmaxistrado do Supremo José Antonio Martín Pallín, o que fora fiscal anticorrupción Carlos Jiménez Villarejo, ademais de xornalistas e filósofos
Acusan a Xoán Carlos I de cometer cinco fraudes contra a Facenda Pública entre os anos 2014 e 2018 que ao seu xuízo foron regularizados de forma "ilegal" en 2021