Contido coa etiqueta .
Violencia Machista

Un home mata a nai da súa exparella en Murcia, que recibiu un disparo dirixido á súa filla
23/01/2025 10:12
A vítima interpúxose na traxectoria da bala cando o autor do crime disparou contra a súa exmoza

O CXPX estuda expedientar o xuíz Carretero polo seu interrogatorio a Mouliáa e Errejón
22/01/2025 17:57
O Consello Xeral do Poder Xudicial recibiu máis de 900 queixas e denuncias polo seu comportamento, ao cuestionar en numerosas ocasións a versión da denunciante

Xulgan en Alacant un home de 73 anos por asasinar e despezar a súa parella
20/01/2025 13:41
A Fiscalía cualifica os feitos como asasinato con aleivosía e asañamento, coas agravantes de parentesco e discriminación por razón de xénero

VioGén 2: Interior dá un "salto tecnolóxico" na protección fronte á violencia machista
15/01/2025 16:00
Este sistema ten como obxectivo mellorar a seguridade das mulleres e os seus fillos, sobre todo nos casos de maior complexidade, perigo e vulnerabilidade
Inclúe cambios nos niveis de risco, unha mellor interoperabilidade entre institucións e a creación dos "casos en revisión", para protexer as vítimas durante máis tempo

07/01/2025 17:25
A representación de Rivas pediu medidas de protección internacional para que o seu fillo menor non regrese a Italia

O detido por matar unha muller en Almería tentou queimar o cadáver
02/01/2025 09:06
O home, que primeiro declarou na comisaría que "presenciara un homicicio", acabou confesando a autoría do crime

2024: o ano da quinta maioría absoluta do PP, da sentenza do Alvia e do xuízo de Samuel
31/12/2024 08:00
A violencia machista cobrou cinco vítimas, nun ano con decenas de paralizacións de parques eólicos e Altri no foco do debate político

O PSOE conmemora o vixésimo aniversario da aprobación da lei integral contra a violencia de xénero
28/12/2024 13:59
Esta lei pioneira fora impulsada polo Goberno de Zapatero cun amplo consenso político

En vinte anos da lei contra a violencia de xénero os asasinatos baixaron un 29 %
28/12/2024 10:25
A Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, aprobouse por unanimidade o 28 de decembro de 2004. Foi a primeira lei impulsada polo Goberno de Zapatero
Premisa fundamental: "A violencia de xénero non é un problema que afecte o ámbito privado", é unha cuestión de Estado
O PSOE conmemora o vixésimo aniversario da aprobación da lei integral contra a violencia de xénero

21/12/2024 15:48
Galicia abriu os cinco centros previstos para atender estas vítimas, o último deles en Ferrol
Fabiola Gracia sinala que están "plenamente operativos" e que se cumpriron os prazos previstos

"Descansa, miña raíña", a despedida de Álex, fillo da muller asasinada en Viveiro
20/12/2024 09:55
Este venres está previsto que pase a disposición xudicial o suposto autor do crime machista

A Xunta abrirá este venres os cinco centros de crise 24 horas para vítimas de violencia sexual
19/12/2024 16:05
Estarán nos hospitais Gil Casares de Santiago, Novoa Santos de Ferrol, Álvaro Cunqueiro de Vigo, PAC de Ourense e Lucus Augusti de Lugo
Prestarán atención psicolóxica, xurídica e social, ademais de apoio e información ás vítimas

19/12/2024 10:06
Gisèle Pelicot respecta a sentenza e lembra todas as "vítimas non recoñecidas"
A xustiza declara culpables os 51 acusados do caso e imponlles penas entre 3 e 20 anos por violar a Giséle Pelicot

A sentenza polas violacións do caso Pelicot ditarase este xoves, con penas de ata 20 anos
18/12/2024 20:45
Son 51 os acusados polas agresións sexuais que Gisèle Pelicot sufriu durante unha década en Francia
Foi drogada e violada en múltiples ocasións polo seu exmarido, Dominique Pelicot, que convidaba outros homes a abusar dela tamén

Un home mata a muller en Murcia e entrégase á Policía
17/12/2024 17:20
O agresor tiña unha orde de afastamento que venceu o pasado 6 de decembro

El Cigala, condenado a máis de dous anos de prisión por malos tratos á súa exmuller
17/12/2024 15:26
A sentenza inclúe a prohibición de aproximarse á vítima a menos de 200 metros

12/12/2024 14:33
O Xulgado de Menores impónlle nove meses de liberdade vixiada

Detido un home en Palma acusado de matar a coiteladas unha muller en presenza da súa filla
10/12/2024 18:06
Detivérono no coche cando levaba dentro o cadáver da muller e mais a nena ferida

O acusado de asasinar a súa noiva menor en Rubio (Sevilla) admite que a matou "dun tiro de escopeta"
10/12/2024 15:38
Asegura que estaba "todo o día tomando drogas e bebendo alcol" e que está "moi arrepentido": "Estou disposto a pagar"

Juana Rivas pide protección para o seu fillo menor tras os cargos por malos tratos contra o pai
04/12/2024 08:13
O escrito de procesamento da Fiscalía italiana acusa a Francesco Arcuri de someter ambos os fillos "habitualmente a violencia física, vexacións, insultos e ameazas"
O equipo xurídico de Rivas manifesta a súa "máxima preocupación ante o feito de que un menor se vexa obrigado a seguir vivindo co seu pai" perante a existencia deste proceso

Detido o condutor fuxido en Granada que tiña unha orde de afastamento da vítima
03/12/2024 20:48
Foi arrestado polos delitos de quebrantamento de condena, condución temeraria, homicidio imprudente e condución baixo os efectos do alcol

Intensifican a busca do condutor fuxido dun accidente en que morreu a súa muller en Granada
03/12/2024 14:35
O home tiña unha orde de afastamento da vítima ata 2025

02/12/2024 19:35
A conselleira de Política Social dixo que traballan para que estea listo en 2025

Prisión provisional para o acusado de matar o fillo da súa parella en Linares
01/12/2024 15:56
Tamén está a ser investigado por ferir o irmán xemelgo do neno, de dous anos
Cristian é a novena vítima por violencia vicaria no que vai de ano en España

Concentración en apoio á funcionaria da Lama agredida sexualmente por un recluso
28/11/2024 20:50
Din que están "indignados" polo que consideran "inacción" da Administración fronte ás agresións, que, aseguran, son cada vez máis frecuentes

Prorrogada a detención do home que acoitelou a súa muller en Lugo
26/11/2024 20:52
Acordouno a xuíza encargada do caso ao entender que o arrestado non está en condicións de declarar

Internamento do mozo de 17 anos que matou a súa exparella, de 15, en Orihuela
26/11/2024 19:51
As actuacións xudiciais seguen baixo segredo

Condenado a 23 anos o home que asasinou a súa parella no Birloque
26/11/2024 18:10
Impúxoselle a prohibición de aproximarse e de comunicarse por calquera medio cos fillos e co pai da vítima durante 30 anos

25/11/2024 14:58
"O control agora xa non é só físico, que tamén, senón control emocional e dixital", explica a maxistrada do Xulgado Penal número 4 de Pontevedra

Educar dende a infancia, chave contra a violencia machista
25/11/2024 14:12
Os alumnos do colexio Cardeal Quiroga Palacios colocaron zapatos vermellos por toda a praza acompañados por cartolinas con distintas mensaxes en favor da igualdade e contra a violencia contra as mulleres
Con actos coma este os nenos aprenden a recoñecer e combater dende a infancia o machismo e a violencia contra as mulleres

Liberdade con cargos para o home que agrediu supostamente a súa parella en Vilalba
25/11/2024 12:09
Tras prestar declaración quedou en liberdade, aínda que con medidas cautelares, entre elas a prohibición de achegarse á súa muller a menos de 300 metros.
O presunto agresor dunha muller en Lugo permanece aínda en dependencias policiais e, de momento, segundo a información facilitada polo TSXG, o xulgado de garda de Lugo non ten en previsión que vaia pasar este luns a disposición xudicial

A Xunta asume "o compromiso de acabar con calquera tipo de violencia contra as mulleres"
25/11/2024 10:35
O BNG presenta 25 medidas para incrementar os recursos contra a violencia machista e o PSdeG asuma a súa responsabilidade e "pase do papel á acción"
.png)
25/11/2024 09:58
Sobre a programación que está a organizar a Xunta neste 25N, a conselleira afirmou que "son máis de 300 actividades que van dirixidas principalmente á xente máis nova nese traballo de sensibilización e concienciación, do bo trato e loita contra a violencia machista"
"Esta Administración vai darlles esa axuda económica mensual pra que poidan reencamiñar a súa vida, ese Bono Alugueiro para que poidan alugar unha vivenda e a asistencia xurídica gratuíta", afirmou Fabiola García
Violencia machista: catro mulleres asasinadas en Galicia no que vai de ano

Deteñen un home en Tenerife por tentar asasinar a súa muller en presenza da filla
25/11/2024 09:50
O detido accedeu ao domicilio da vítima, onde a agrediu cun coitelo no peito e na cabeza
Violencia machista: catro mulleres asasinadas en Galicia no que vai de ano

25N Radiografía da violencia machista: 50 asasinatos de xénero e 560 denuncias diarias
25/11/2024 08:39
No que vai de ano, 42 mulleres e oito menores foron asasinados en España vítimas da violencia machista, catro delas en Galicia
Cada día preséntanse máis de 560 denuncias por violencia de xénero e 55 por violencia sexual, 13 delas por violación

Ferida de gravidade unha muller en Vilalba tras ser agredida pola súa parella cun martelo e unha pa
24/11/2024 14:43
A Garda Civil detivo o agresor, un home de 84 anos
Foi a filla da parella a que atopou a muller ensanguentada e semiinconsciente
A vítima foi trasladada ao HULA, non se teme pola súa vida
.png)
Cuarto Camiño Violeta contra a violencia machista en Pontevedra
24/11/2024 14:30
Os pontevedreses berran contra os asasinatos machistas

Detido un home en Lugo acusado de acoitelar a súa parella
24/11/2024 14:14
Presuntamente, o home asestoulle varias puñaladas á súa parella en distintas zonas do corpo
A agresión rexistrouse sobre as 03:00 horas nunha vivenda da cidade de Lugo
En Vilalba, unha muller está ferida grave despois de ser agredida cun martelo e unha pa pola súa parella

Como é o sistema VioGén que protexe 5.746 mulleres en Galicia?
24/11/2024 13:50
En España, máis de 16.000 mulleres xa foron alertadas polo Sistema VioGén de que o seu agresor xa maltratara outras mulleres
O sistema VioGén leva activo desde 2007. Nestes 17 anos fixo o seguimento a máis de 817.000 casos de violencia de xénero en toda España, dos que 45.329 son galegos