Cargando resultados...
As rúas de París acollen unha marcha contra o antisemitismo
Francia ten a comunidade xudía máis grande de Europa
O país rexistrou máis de 1.250 actos antisemitas nun mes

G24.gal
12/11/2023 20:14
Última actualización 12/11/2023 20:33
Unha marcha convocada polos presidentes das cámaras francesas percorreu as rúas de París contra o antisemitismo.
Concitou políticos de signo distinto e ata a líder da extrema dereita. Mélenchon, da esquerda radical, non foi pola presenza de Le Pen. Macron apoiou a iniciativa, pero tampouco estivo.
Francia ten a comunidade xudía máis grande de Europa, e desde que Israel declarou a guerra actual en Gaza rexistrou máis de 1.250 actos antisemitas.