Cargando resultados...
Remata a viaxe dos reis de España a Dinamarca
Antes de regresar, os monarcas participaron nunha recepción á colectividade española

G24.gal
08/11/2023 14:46
Última xornada da visita oficial dos reis de España a Dinamarca, en que Filipe VI e Letizia Ortiz visitaron o centro de arquitectura acompañados dos príncipes daneses.
Durante estes tres días púxose de manifesto a boa relación entrambos os países e estreitaron lazos comerciais. Antes de regresar a España esta tarde, os monarcas españois participaron nunha recepción á colectividade española no país.