A agricultura ecolóxica segue medrando en Galicia
Na actualidade hai 1.552 produtores inscritos no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia
Hai 24 anos que Francisco ten a súa explotación gandeira en ecolóxico na Pastoriza. É o presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, para el a única que coida da saúde das persoas, do medio e dos animais.
As vacas de Francisco andan ceibas pacendo. Son mansas e nótaselles o manexo que reciben. Segundo Francisco, a etiquetaxe actual crea confusión con moitos conceptos que só confunden o consumidor.
No concello de Láncara hai 25 anos que a familia de Marcos produce mazás en ecolóxico. Agora tamén teñen unha explotación de carne de rubia galega. Ten certeza de que este é o camiño a seguir e que ecoloxía e rendibilidade económica son conceptos totalmente compatibles.
