Cargando resultados...
A Copa, un novo desafío para o Liceo
Xogará a semifinal ante o Caldes, a quen derrotou con facilidade na liga
Foto Liceo Hóckey
G24.gal
01/03/2023 13:26
Última actualización 01/03/2023 13:38
Hai dous anos o Liceo acadaba o seu décimo título de Copa na Coruña. Este ano a pelexa dáse en Calafell. De entrada, o sorteo foille amable. O Caldes, ao que venceron con claridade hai dous meses, é o rival de cuartos. O local Calafell e o todopoderoso Barcelona, que acaba de golealos, van polo outro lado de cadro. O camiño parece transitable.
Pol Manrubia: "Pode pasar calquera cousa. Non me fixo en ningún cadro, só no Caldas".
O calendario sitúa o Liceo na fase máis dura do que vai de curso. A derrota no Palau non encolle os verdes, que se ven con forza para evitar esvaróns e dar a batalla do título.