Cargando resultados...
A Coruña organiza a Supercopa de hóckey, o primeiro título da temporada
Este sábado xoga o Liceo unha das semifinais diante do gran favorito, o Fútbol Club Barcelona
G24.gal
04/10/2024 20:27
A paixón polo hóckey sobre patíns regresa a Riazor esta fin de semana coa disputa da Supercopa, o primeiro título oficial da temporada. Ademais, A Coruña é o lugar escollido para a presentación de todos os equipos que participan na OK Liga. Dava Torres e César Carballeira xunto a Juan Copa, o adestrador, foron os representantes do Liceo.
A liga empeza nunha semana, o Liceo comezará co Alcoi, pero este sábado mídese co Barcelona na semifinal da Supercopa. Duelo de grandes. Na semifinal restante xogarán o Noia e o Reus. Os catro equipos clásicos do campionato amosarán o mellor do seu repertorio nesta primeira toma de contacto.