Cargando resultados...
Dous feridos ao bateren dous coches na autovía do Barbanza
O estado dos feridos non é grave
Os feridos son os condutores dos dous vehículos implicados no sinistro
O accidente foi á altura de Rianxo

G24.gal
16/02/2022 20:27
Dúas persoas quedaron feridas nun accidente ocorrido a primeiras horas da tarde na autovía do Barbanza, ao seu paso polo concello de Rianxo.
O sinistro produciuse ao bateren dous vehículos ocupados só polos seus condutores. Un dos dous coches quedou envorcado na beiravía.
O seu condutor quedou atrapado, e foi precisa a intervención dos bombeiros de Boiro para liberalo. Ningún dos condutores quedou ferido de gravidade, aínda que ambos foron trasladados ao hospital.