Publicador de contidos

Publicador de contidos

Afeccionados pagan o desprazamento do Liceo feminino, na última xornada de Liga

Afeccionados pagan o desprazamento do Liceo feminino, na última xornada de Liga

Si asume o Liceo a viaxe posterior á fase final da Copa

Foto Liceo Fem.
G24.gal 04/05/2023 13:09 Última actualización 04/05/2023 13:15

Grazas á solidariedade dos afeccionados, o Liceo feminino poderá viaxar en avión ao seu último partido de Liga na localidade de Bigues, en Cataluña. Membros da peña Hulkerinos puxeron en marcha unha recadación popular en vista de que o club non tiña cartos abondo. O obxectivo fixado para a campaña era recadar tres mil euros

Juan Dopazo, Peña liceísta Hulkerinos: "Estamos nos 2.500 euros, todo o que sobre da viaxe irá para elas".

Si asume o Liceo a viaxe posterior á fase final da Copa, pero o sucedido evidencia un serio problema económico na entidade que pon en dúbida o futuro do equipo feminino, que este ano chegou aos cuartos de final da Liga de Campións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade