Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo feminino gaña con claridade ao Lleidanet e achégase ao quinto posto

O Liceo feminino gaña con claridade ao Lleidanet e achégase ao quinto posto

Alba Garrote, Cristina Diz e Marlena Rubio (2) marcaron os goles

G24.gal 29/03/2023 21:05

O Liceo feminino impúxose por 4-1 ao Lleidanet con claridade e achegouse ao quinto posto da Ok Liga Iberdrola. No partido adiantado á xornada 23, as coruñesas encamiñaron o encontro grazas ao acerto de Alba Garrote, que culminou unha xogada de María Sanjurjo. 

Antes do descanso, Cristina Diz facía o segundo e poñía certa tranquilidade, algo que desapareceu mediado o segundo tempo cando Laura Pastor recortou diferenzas. Foron dez minutos nos que sufriron as liceístas, pero nos últimos instantes Marlena Rubio anotou en dúas xogadas rápidas de contragolpe e conseguiu asegurar o triunfo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade