Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cita de primeiro nivel para o Liceo ante o Benfica (21:00, G2)

Cita de primeiro nivel para o Liceo ante o Benfica (21:00, G2)

O equipo coruñés afronta a segunda xornada da Champions con necesidade de puntuar fronte a un dos grandes favoritos ao título

G24.gal 08/02/2023 21:24

O Liceo afronta este xoves (21:00 horas, G2 e G24) a segunda xornada da Champions contra o poderoso Benfica. O líder da liga portuguesa é un dos grandes favoritos para facerse con esta edición do maior torneo europeo. 

Con moita necesidade chega á cita un Liceo que perdeu na primeira xornada contra o Oliveirense por 5-1 e que precisa sumar puntos canto antes para non verse descolgado na clasificación. 

Chega con ver o cadro de xogadores do Benfica para decatarnos da dimensión deste equipo. Entre eles, catro ex-xogadores do Liceo, como Edu Lamas, Roberto Di Benedetto, Pablo Álvarez e Lucas Ordóñez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar