Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda esixe que a transferencia do litoral estea completada antes de final de ano, como en Euskadi

Rueda esixe que a transferencia do litoral estea completada antes de final de ano, como en Euskadi

O presidente da Xunta explica que o traballo técnico está feito e que se trata dunha decisión política

Fronte ao perdón da débeda a Cataluña, Rueda insiste en que o que Galicia necesita é un financiamento mellor

G24.gal 16/12/2024 12:17 Última actualización 16/12/2024 14:56

Euskadi recibiu esta mañá a transferencia da xestión do litoral, unha competencia que Galicia reclama. Alfonso Rueda agarda que o Goberno non faga diferenzas coa nosa comunidade e transfira a xestión do litoral antes de rematar este ano.

O presidente da Xunta explica que o traballo técnico está feito e que se trata dunha decisión política, polo que agarda que Galicia reciba a transferencia antes do 31 de decembro nas mesmas condicións que o País Vasco. Galicia, defende Rueda, merece o mesmo trato.

O presidente da Xunta non entende que siga aínda en fase inicial, sete meses despois da sentenza do Constitucional dándolle a razón.

Galicia vai reclamar 500 millóns de euros de financiamento

Diferenzas que, segundo Rueda, tamén se viron na Conferencia de Presidente Autonómicos. Fronte ao perdón da débeda a Cataluña, Rueda insiste en que o que Galicia necesita é un financiamento mellor.

Unha condonación que, segundo Rueda, só deixaría 15 millóns de euros en Galicia, fronte aos 500 que teñen previsto reclamar.

Alfonso Rueda fixo todas estas declaración na conferencia de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta. Entre outros asuntos aprobóuse destinar case 70 millóns de euos para executar mais de 120 quilómetros de novas sendas peonís e ciclistas en Galicia ata 2027.

Vanse destinar 2,5 millóns de euros a unha nova convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior para promover que 250 galegos do exterior estuden un mestrado nas universidades públicas galegas.

Rueda destacou que Galicia logrou reducir a súa débeda ata o 15 % do PIB no terceiro trimestre e a previsión é rematar o ano incluso por debaixo desta taxa (14,5 %), situándose en 6,3 puntos por debaixo da media das comunidades. En cifras absolutas a débeda publica galega descendeu en case 930 millóns de euros e a previsión é que baixe outros 233 miilóns de euros ao finalizar o ano.

Ademais, o Consello aprobou incrementar preto dun 20 % a partida para axudar os grupos de investigación e contratar investigadores pre e posdoutorais, ata superar os 61 millóns de euros para que Galicia siga á vangarda e sendo un referente no I+D+I.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade