Cargando resultados...
Cortes de luz e impago de nóminas na factoría de Tegasticín en Outeiro de Rei
En plena crise do sector lácteo, a sombra do peche planea tamén sobre a fábrica do grupo Tegestacín en Outeiro de Rei

G24.gal
10/12/2021 13:34
En plena crise do sector lácteo, a sombra do peche planea tamén sobre a fábrica do grupo Tegestacín en Outeiro de Rei. De feito, onte sufriu un corte na subministración eléctrica debido, supostamente, a que non pagou algúns recibos.
Segundo a CIG, tampouco pagaron as nóminas de novembro aos 75 traballadores desta factoría, dedicada na actualidade a producir para outras industrias e que no seu día pertenceu a Leche Pascual e logo a Alimentos Lácteos.