Cargando resultados...
Dúas persoas feridas ao bateren dous coches no concello de Pantón
O accidente foi na N-120

G24.gal
23/01/2022 19:14
Dúas persoas quedaron feridas nun accidente de tráfico ocorrido pouco antes das catro da tarde. Sucedeu na estrada N-120, no punto quilométrico 541, á altura do concello lucense de Pantón.
No lugar de Atán, bateron dous vehículos e nun principio parecía que había persoas atrapadas dentro. Desprazados os equipos de emerxencia, finalmente non foi necesario excarcerar a ninguén.
Un dos feridos foi trasladado ao hospital de Monforte de Lemos e o outro, ao de Ourense.