Detido un home acusado de matar cunha arma branca un mozo de 21 anos en Ourense
Os feitos producíronse sobre a 02:00 horas deste venres na rúa Pizarro, na zona centro
A Policía Nacional de Ourense confirmou a detención dun home como presunto autor da morte dun mozo de 21 anos cunha arma branca na zona coñecida como Os Viños, no centro histórico de Ourense.
📹 OURENSE
— G24 (@G24Noticias) November 29, 2024
Estas son as imaxes da pelexa previa ao acoitelamento do mozo de 21 anos
Máis info aquí 👉 https://t.co/zaGzLdL6aE pic.twitter.com/Tgn0iQljKB
Segundo informaron fontes coñecedoras do suceso, os feitos producíronse sobre a 02:00 horas deste venres na rúa Pizarro, despois dun suposto enfrontamento mantido entre ambos previamente no interior dun local de lecer nocturno na cidade.
Ata o punto desprazáronse os profesionais sanitarios que trasladaron ao mozo ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), aínda que non puideron facer nada por salvarlle a vida.
A Policía Nacional iniciou unha investigación que se saldou coa detención dunha persoa preto do paseo do río Barbaña pouco despois do ocorrido, un home duns 40 anos, grazas á descrición de varias testemuñas, como presunto autor dos feitos.