Cargando resultados...
Douscentos desaloxados por un incendio nun garaxe en Alcalá de Henares
Seis dotacións de bombeiros acudiron ao lugar para sufocar as lapas

G24.gal
18/09/2023 08:37
Un incendio nun garaxe dun bloque de vivendas en Alcalá de Henares obrigou a confinar douscentos veciños. O lume declarouse pasadas as tres da mañá, ao parecer entre dous turismos por causas que se están investigando. Seis dotacións de bombeiros acudiron ao lugar para sufocar as lapas.
Afortunadamente, e grazas á súa rápida intervención, o lume só provocou danos materiais e non foi preciso atender ningún veciño, nin sequera por inhalación de fume.