Dúas vítimas mortais nas estradas no inicio da operación da ponte de maio
Estes días agárdanse máis de 6,5 millóns de desprazamentos pola rede viaria española
A ponte coincide co Gran Premio de Xerez e co remate da Feira de Abril en Sevilla

Dúas persoas faleceron no inicio da operación especial de tráfico da ponte de maio posta en marcha ás tres da tarde deste venres.
O primeiro accidente mortal rexistrouse ás 15:40 horas na N-420 á altura de Almodóvar del Campo (Cidade Real), onde un motorista perdeu a vida ao irse fóra da vía.
Dúas horas despois morreu outra persoa na CV-508 ao seu paso pola localidade valenciana de Polinyà de Xúquer nunha saída de vía con posterior envorcadura e incendio do vehículo.
Durante esta ponte, que coincide co Gran Premio de España de Motociclismo en Xerez e co remate da Feira de Abril en Sevilla, agárdanse máis de 6,5 millóns de desprazamentos por estrada.
A DXT manterá activo o dispositivo especial na rede viaria ata as doce da noite do luns, 1 de maio. Na Comunidade de Madrid, manterase un día máis porque o martes é festivo autonómico.