Cargando resultados...
EasyJet conecta dende este sábado Santiago co aeroporto de Gatwick
A aeroliña británica vai operar tres voos semanais a partir do 28 deste mes

G24.gal
03/06/2023 11:00
Última actualización 03/06/2023 11:09
Novidades do aeroporto de Santiago que desde este sábado incorpora a terceira ruta a Londres co inicio dos voos estivais de EasyJet. Trátase dunha conexión directa co aeroporto de Gatwick.
A aerolíña británica súmase así a Ryanair e Vueling, que compiten xa con servizos diarios á capital británica, o destino internacional que máis medra.
Nas próximas catro semanas, a aerolíña británica unicamente operará servizos nesa ruta os sábados, pero desde o día 28 deste mes prestará tres voos semanais con servizos os luns e mércores.