Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacuado en helicóptero tras saír da vía co seu coche e caer por un barranco de 80 metros en Monterrei

Evacuado en helicóptero tras saír da vía co seu coche e caer por un barranco de 80 metros en Monterrei

O home, de 58 anos, caeu a un regato nunha zona de difícil acceso, polo que tivo que ser rescatado polo Pesca I para ser trasladado ao CHUO

Operativo de rescate no lugar do sinistro Operativo de rescate no lugar do sinistro
G24.gal 18/01/2025 19:42

Un home, de 58 anos, foi evacuado en helicóptero tras saír da vía co seu vehículo e precipitarse por un barranco duns 80 metros no lugar de Paradiña, en Monterrei (Ourense).

Segundo informou a Garda Civil, o home, veciño da localidade pontevedresa de Sanxenxo, perdeu o control do seu vehículo e caeu por un barranco ata o leito dun regato.

O coche estaba nunha zona de difícil acceso e cun importante desnivel, o que dificultaba a retirada do ferido en padiola por terra. Deste xeito, desde Gardacostas de Galicia confirmaron a saída do seu helicóptero de rescate Pesca I.

O propio helicóptero trasladouno ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). No dispositivo participaron tamén os Bombeiros e GES de Laza, unha ambulancia do 061 e axentes da Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade