Cargando resultados...
Evacuados ao hospital unha nai e un fillo tras un choque entre coches en Bergondo
O sinistro produciuse sobre as catro da tarde en Santa Marta de Babío

G24.gal
26/01/2024 20:30
Unha nai e o seu fillo foron trasladados ao hospital tras sufrir un accidente de tráfico en Bergondo.
O choque entre dous vehículos produciuse sobre as catro da tarde en Santa Marta de Babío.
Nun dos coches viaxaban unha muller e o seu fillo, que tiveron que ser evacuados ao hospital Santo Rafael e ao Materno Infantil da Coruña.
Ata o lugar desprazáronse 061, axentes de Tráfico, Bombeiros de Betanzos e Protección Civil.