Cargando resultados...
Morre un condutor nun accidente de tráfico no concello de Santa Comba
Ocorreu preto das dez da noite do sábado na parroquia de Mallón
O coche que conducía a vítima
G24.gal
13/04/2024 23:14
Última actualización 14/04/2024 11:48
Un condutor faleceu nun accidente de tráfico ocorrido a última hora do sábado en Santa Comba, na parroquia de Mallón. O coche que conducía saíu da vía, por causas aínda sen determinar, e quedou envorcado na gabia.
Foi na estrada que vai de San Cristovo a Grixoa preto das dez da noite. A vítima era o único ocupante do vehículo e o persoal sanitario do 061 só puido confirmar o seu falecemento.
Segundo informa o 112, ata o lugar do sinistro tamén se desprazaron os Bombeiros e Protección Civil de Santa Comba e axentes da Garda Civil de Tráfico.
