Falece un home ao caer por un barranco no Carballiño
O particular que alertou do sucedido indicaba que un home caeu por un pequeno barranco en Ponte Veiga e que serían necesarios medios de rescate para acceder á vítima
Unha vez chegaron á zona, os medios só puideron certificar o falecemento da persoa

Un home faleceu este luns ao caer por un barranco no municipio ourensán do Carballiño. Os servizos de emerxencias desprazados non puideron facer nada por salvar a súa vida. Segundo informou o 112, o accidente ocorreu ao redor das 12:45 horas.
O particular que alertou do sucedido indicaba que un home caeu por un pequeno barranco en Ponte Veiga e que serían necesarios medios de rescate para acceder á vítima.
🔴 #AXEGAInforma do falecemento dunha persoa no Carballiño.
— 112 Galicia (@112Galicia) January 20, 2025
📍 Ponte Veiga.
➡️ O home caeu por un pequeno barranco.
🔗 https://t.co/yynUqj30e9 pic.twitter.com/FxRwIYtV5R
O 112 solicitou entón a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Carballiño, da Policía Local, da Garda Civil e do Servizo Municipal de Protección Civil do Carballiño. Unha vez chegaron á zona, os medios só puideron certificar o falecemento da persoa.