Cargando resultados...
Un motorista morre nun accidente en Petín
O sinistro produciuse á altura de Portomourisco

G24.gal
27/12/2023 17:08
Última actualización 27/12/2023 17:42
Un home faleceu na tarde deste mércores ao caer coa moto en Petín. O sinistro ocorreu sobre as tres da tarde na estrada OU-134 que une as localidades da Portela e Portomourisco.
Foi un particular o que alertou os servizos de emerxencia. O 112 enviou á zona un equipo de urxencias sanitarias e da Garda Civil de Tráfico. No sinistro non houbo máis vehículos implicados.
🔴#AXEGAInforma dun motorista falecido tras sufrir unha caída ao seu paso por Portomourisco, en #Petín.
— 112Galicia (@112Galicia) December 27, 2023
Ademais do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, foron informados os #BombeirosGESValdeorras, os axentes da @guardiacivil de Tráfico e #ProtecciónCivilPetín. pic.twitter.com/XGl4hP4ZFH