Cargando resultados...
Falece un motorista de 47 anos nun accidente no concello da Laracha

G24.gal
21/11/2021 08:31
Un veciño de Arteixo, de 47 anos, faleceu esta madrugada nun accidente de tráfico ocorrido no concello da Laracha. O home conducía unha moto e, por razóns que aínda se descoñecen, perdeu o control e bateu contra o valo de protección da vía tras cruzar en liña recta unha rotonda.
Foi á saída da peaxe da autoestrada de Carballo, á altura de Cancelo de Abaixo. Os equipos de emerxencia que se desprazaron ata o lugar tentaron reanimar a vítima durante corenta minutos pero non puideron facer nada por salvarlle a vida. A Garda Civil investiga as causas do sinistro.
