Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conmoción en Touro pola morte dun mozo de 19 anos nun accidente de tráfico

Conmoción en Touro pola morte dun mozo de 19 anos nun accidente de tráfico

O vehículo que conducía foise da vía no lugar de Loxo

G24.gal 30/01/2022 12:23 Última actualización 19:00

Eran as once da mañá cando un particular chamaba ao 112 para pedir asistencia sanitaria urxente para o condutor e único ocupante dun vehículo que se botara da calzada e batera contra unha árbore no punto quilométrico 15 da estrada AC-240, na parroquia de Loxo, no concello de Touro.

Nesta chamada tamén se informou os servizos sanitarios de que o condutor ferido xa fora evacuado do coche. Inmediatamente se desprazou ata o lugar un helicóptero medicalizado con persoal do servizo de urxencias sanitarias.

Cando aterraron preto do lugar do accidente nada puideron facer por salvarlle a vida ao condutor, un rapaz de 19 anos que volvía de levar a súa irmá á catequese na igrexa parroquial de Santa María de Loxo.

O accidente produciuse apenas a un quilómetro de distancia do domicilio no que o rapaz vivía canda a súa familia. A Garda Civil investiga as circunstancias do accidente.

Tamén acudiron ao lugar dos feitos os bombeiros de Arzúa, Tráfico e voluntarios de Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade