Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferida grave unha septuaxenaria nun atropelo na Coruña

Ferida grave unha septuaxenaria nun atropelo na Coruña

Foi evacuada ao CHUAC logo de ser examinada nun primeiro momento por efectivos sanitarios que se atopaban na zona atendendo outra persoa, segundo algunhas testemuñas

Momento en que a muller é atendida polos servizos sanitarios no lugar do sinistro
G24.gal 14/09/2026 19:37

Unha muller duns 70 anos sufriu feridas de gravidade nun atropelo que tivo lugar pasada a unha da tarde na rúa Manuel Murguía da Coruña. O sinistro tivo lugar na zona de entrada de autoridades do estadio de Riazor. Algunhas testemuñas sinalaron que a muller foi golpeada por un vehículo cando cruzaba a rúa.

Dáse a circunstancia de que no lugar había unha ambulancia pola caída dun ciclista na beirarrúa cara a onde cruzaba a muller. O seu estado era grave, polo que procederon ao seu traslado a un hospital. Algunhas testemuñas apuntan a un descoido da muller. O que si confirmou a Policía Local é que cruzaba fóra do paso para peóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade