Cargando resultados...
Foxe despois de provocar un accidente múltiple en Bergondo
Segundo as primeiras informacións, o condutor dun turismo non fixo o stop nun cruzamento

G24.gal
17/11/2021 13:59
Accidente con varios vehículos implicados en Gandarío, no concello coruñés de Bergondo. Segundo as primeiras informacións, o condutor dun turismo non fixo o stop nun cruzamento.
Bateu contra un camión que ía en dirección a Sada e que, de rebote, impactou contra unha furgoneta e un turismo que estaban aparcados diante dunha terraza. O condutor do camión quedou ferido leve. O que causou o accidente fuxiu do lugar.