Goles coruñeses na goleada do Liceo sobre o Caldes (7-2)
Dava Torres -2-, Saavedra, Copa e Carballeira marcaron cinco dos sete goles galegos
O Liceo conseguiu unha das vitorias máis cómodas da temporada grazas ao gran segundo tempo que realizou contra o Caldes. Ademais o triunfo tivo un gran protagonismo coruñés con cinco dos sete goles marcados por xogadores da cidade. Dava Torres (2), Carballeira, Saavedra e Copa anotaron. Arnau Xaus anotou os dous últimos do partido.
O primeiro tempo tivo alternativas co Liceo adiantándose en dúas ocasións (Dava e Copa) e o Caldes respondendo decontado. Na segunda metade mudou a tendencia. Saavedra e Dava Torres puxeron a diferenza en dous goles. A xogada que decidiu o partido foi o cartón azul para Ferruccio, no que o Liceo non só aguantou sen recibir gol senón que acabou marcando o quinto cunha xogada de Carballeira.