Dous voos Santiago-Londres, entre os 625 cancelados por un problema no control aéreo no Reino Unido
Iberia cancela as conexións coa capital británica para este mércores
EasyJet e British Airways foron as compañías máis afectadas
Europa Press
Un fallo técnico no control do tráfico aéreo de Reino Unido provocou polo menos que 625 voos fosen cancelados nos principais aeroportos do país. Entre eles figuran dúas conexións da compañía Vueling co aeroporto de Heathrow.
Os máis afectados foron os de Heathrow e Gatwick, alén de Manchester e Birmingham, mentres que o sistema comezou a recuperarse, segundo o xestor británico NATS.
"Implementamos unha solución e o noso sistema de voos está a comezar a recuperarse. Estamos a continuar traballando estreitamente cos nosos clientes de aeroliñas e aeroportos na recuperación", sinalou nunha recente mensaxe en redes sociais.
Na súa publicación de X, a secretaria de Transporte, Heidi Alexander, afirmou que é consciente do problema e que os enxeñeiros o están "solucionando nestes momentos". "Sei que isto resultará frustrante para os pasaxeiros e síntoo", engadiu.
Con datos de Flightradar24, un total de 625 voos foron cancelados ata as 19.00 horas pola incidencia, con especial afectación en easyJet e British Airways, con 218 e 132 movementos suprimidos, respectivamente.
"Faremos todo o posible para minimizar o impacto desta situación nos nosos clientes, o que inclúe ofrecer aos pasaxeiros dos voos que non poidan operar diferentes opcións, como un traslado gratuíto ou un reembolso, así como comidas e aloxamento en hotel para quen o necesite", apuntou easyJet nun comunicado.
Do seu lado, Iberia explicou a través dun 'post' en X que todos os voos previstos para este mércores con orixe ou destino en Londres foron cancelados.
Cierre del espacio aéreo de Londres
— Iberia (@Iberia) September 8, 2026
Debido a una caída de comunicaciones que afecta al tráfico aéreo en los aeropuertos de Londres, todos los vuelos previstos para hoy con origen o destino Londres han sido cancelados.
Informaremos directamente a los clientes afectados sobre…
A compañía informará directamente aos afectados sobre as alternativas dispoñibles na súa páxina web e por correo electrónico.