Cargando resultados...
Un incendio queima unha casa en obras en Ribadavia
Os bombeiros evitaron que o lume se estendese ás vivendas anexas

G24.gal
13/12/2022 11:37
Un incendio mobilizaba os servizos de extinción de Ribadavia -GES e bombeiros do Carballiño-Ribeiro- contra as seis e media da mañá. Foi no núcelo de San Cristovo. Ardeu unha vivenda que estaba en proceso de rehabilitación.
O GES de Ribadavia sospeita que quedou leña ardendo na lareira, e que prendeu no resto da estrutura, que se calcinou por completo. A edificación está anexa a outras, dos mesmos propietarios, pero os bombeiros conseguiron atallar o lume antes de se estendese. En dúas horas tiñan a situación controlada.