O Liceo agarda facer bos os prognósticos na semifinal de Copa
O partido diante do Voltregá verase en directo por G24.gal e na G2 cando remate o Celta B
Barcelona e Reus enfrontaranse pola outra parte do cadro

O Liceo xoga o sábado pola tarde (18:30 horas) a posibilidade de meterse na final da Copa, torneo que se está a disputar na localidade catalá de Calafell. Os coruñeses son favoritos diante do Voltregá, 10º clasificado na OK Liga, pero non perden de vista o gran partido que fixeron diante do Noia en cuartos de final no que remontaron un 2-0 adverso. O partido poderá verse en directo por G24 e na G2 unha vez remate o encontro de fútbol do Celta B.
Os liceístas demostraron o bo momento de forma contra o Caldes, ao que derrotaron de xeito contundente (7-2), un partido no que Juan Copa puido facer rotacións e non cargar de minutos os xogadores máis importantes.
Será unha boa ocasión de meterse nunha final e tentar de acadar o título que xa gañaron na edición de 2021, a que foi décima Copa do Rei para o Liceo.
Pola outra parte do cadro o Barcelona pasouno mal para derrotar o Igualada. Perdía mediado o segundo tempo pero acabou decidindo a gran calidade individual dos xogadores do Barça (5-2). O Reus derrotou o anfitrión Calafell cun gol de Rojas a dous minutos do remate (1-2)