Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo gaña en Calafell (3-4) e métese na pelexa polos cuartos da Champions

O Liceo gaña en Calafell (3-4) e métese na pelexa polos cuartos da Champions

Chegou a ter unha vantaxe de 1-4 pero acabou sufrindo nos últimos minutos

G24.gal 23/02/2023 22:10

O Deportivo Liceo logrou unha vitoria que pode valer o seu peso en ouro na terceira xornada da Champions. Impúxose na pista do Calafell por 3-4 e métese de cheo na pelexa por entrar nos cuartos de final. 

Era imprescindible gañar o dobre enfrontamento consecutivo co equipo catalán e fóra da casa a tarefa complicábase. Adiantouse o equipo de Juan Copa cun gol de Di Benedetto, pero empatou decontado Ferrer para os locais. Antes do descanso Dava Torres devolvía vantaxe aos liceístas.

No segundo tempo viñeron os mellores minutos dun Liceo que abriu unha fenda importante cos tantos de Arnau Canal e Sito Ricard (1-4). O Calafell non se deu por vencido e con dous penaltis transformados por un ex como Sergio Miras devolveu a emoción ao partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar