Cargando resultados...
O Liceo queda sen marxe de erro na semifinal da OK Liga
Perdeu por 4-2 o segundo partido da eliminatoria diante do Noia e terá que gañar os tres partidos que quedan para estaren na final
G24.gal
02/06/2024 14:28
O Deportivo Liceo quedou contra as cordas na eliminatoria de semifinais da OK Liga, logo de perder o segundo partido, outra vez no feudo inexpugnable do Noia. O cadro catalán impúxose grazas ao acerto de Martí Gabarró, que anotou tres tantos. Ciocale mandou o partido empatado ao descanso, pero rachou na segunda metade. Xavi fixo o catro a un, e Saavedra maquillou o marcador no último minuto. O venres, terceiro partido en Riazor xa sen marxe de erro para o Liceo.