O Liceo sofre pero acada o primeiro triunfo do 'play off' polo título
Os coruñeses non puideron pechar o partido cun 4-1 favorable e acabaron na prórroga
Álex Rodríguez anotou o seu cuarto tanto no tempo extra para asegurar a vitoria
O Liceo puxo o primeiro punto da súa serie de cuartos de final da OK Liga diante do Igualada, así que queda a un triunfo de meterse nas semifinais. Pero non foi un triunfo sinxelo, como vaticinaba o 4-1 co que os coruñeses lle deron a volta ao tanto inicial de Uri Llenas.
Álex Rodríguez anotou os tres primeiros, e Dava Torres o cuarto que parecía sentenciar o partido. Pero o Igualada non se rendiu. Mats Zilken, Marimón e Riba anotaron os tantos que acabaron mandando o partido á prórroga.
No tempo extra volveu aparecer o protagonista do choque. Como xa fixera no 2-1, Álex Rodríguez aproveitou o rexeitamento dunha falta directa para anotar o seu cuarto tanto do serán, e deixar o primeiro punto na casa. A serie pode ter dous partidos máis, o segundo en Cataluña e un hipotético terceiro encontro na Coruña. Cunha vitoria en calquerra deles, os de Juan Copa estarán nas semifinais.