Cargando resultados...
O Liceo xoga a unha carta a súa presenza na fase final da Champions
Precisa gañarlle ao Oliveirense en Riazor na última xornada da fase de grupos (21.00 horas, G2)
G24.gal
12/04/2023 19:31
Todo ou nada en Riazor. O Liceo ten que gañarlle ao Oliveirense se quere estar na Final a Oito da máxima competición continental. Non hai marxe para os coruñeses, que pagaron moi caros os seus erros fronte ao equipo portugués no seu debut na Liga Europa.
As contas están claras. O Liceo suma un triunfo, tres empates e unha derrota na fase de grupos. É terceiro cun punto menos que o Oliveirense. Unha vitoria en Riazor daralles o pase á rolda final.