Cargando resultados...
Os ascensores coa inspección técnica caducada poderían quedar inmobilizados
Calculan que en Galicia pode haber máis dun milleiro de equipos afectados
G24.gal
01/10/2024 14:22
Moita atención se viven nun edificio con ascensor, porque, aínda que a inspección técnica xa era obrigatoria, dende hoxe que non estea pasada ou estar caducada xa é motivo dabondo para que o aparello quede inmobilizado ata que cumpra coa normativa.
Calculan que en Galicia pode haber máis dun milleiro de equipos afectados. O prazo para arranxar danos importantes que se detecten na inspección é como máximo de seis meses.