Polo menos nove mortos nun tiroteo dun grupo armado nun porto pesqueiro de Ecuador
Ao parecer foi un grupo armado dedicado á extorsión que tentaría xerar pánico entre a poboación

Polo menos nove mortos e un número indeterminado de feridos rexistrouse nun porto pesqueiro do municipio de Esmeraldas, a capital da provincia do mesmo nome, no noroeste de Ecuador e fronteiriza con Colombia, segundo confirmou este martes a Fiscalía do Estado.
O feito ocorreu cando un grupo armado abriu fogo contra pescadores que cumprían os seus labores habituais no pequeno porto. De momento, non se precisaron hipóteses oficiais sobre o suceso, pero en redes sociais estiman que se trataría dun grupo armado dedicado á extorsión, que tentaría xerar pánico entre a poboación co obxectivo de que se sometan ao pago das coñecidas como "vacinas", que son unhas cotas en pagamento por seguridade, ou extorsión.