Cargando resultados...
Unha veciña de Cospeito de 76 anos morre nun accidente de tráfico en Rábade
Outras dúas persoas resultaron feridas mentres que o condutor do camión quedou ileso
G24.gal
31/01/2024 17:12
Última actualización 31/01/2024 20:49
Unha veciña de Cospeito, unha muller de 76 anos de idade, perdeu ao vida este mércores nun accidente de circulación que se produciu no municipio lucense Rábade.
Segundo a información difundida pola Garda Civil de Tráfico, o sinistro produciuse ás 16.00 horas, á altura do quilómetro 515 da estrada Nacional 6.
O accidente produciuse a causa dunha colisión frontolateral entre un camión e un turismo. A falecida viaxaba no asento posterior esquerdo do vehículo.
Tamén resultaron feridos no sinistro a condutora do turismo e a persoa que viaxaba no asento do copiloto. O condutor do camión saíu ileso.