Cargando resultados...
Rescatan tres superviventes dos terremotos de Turquía tras 296 horas
Un deles, un neno de 12 anos, morreu ao pouco
G24.gal
18/02/2023 13:55
Última actualización 18/02/2023 14:03
Trece días despois, seguen aparecendo superviventes dos terremotos que afectaron Turquía e Siria.
Este sábado foron rescatados con vida de debaixo dos cascallos, na cidade turca de Antioquía, unha parella e o seu fillo de 12 anos, malia a que o rapaz morreu ao pouco.