Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda destaca o potencial de Galicia para consolidarse como referente nas enerxías renovables

Rueda destaca o potencial de Galicia para consolidarse como referente nas enerxías renovables

A compañía Naturgy presentoulle ao Goberno galego os próximos proxectos para Galicia en que prevé investir case 600 millóns de euros ata 2027

G24.gal 19/12/2024 18:34 Última actualización 19/12/2024 18:42

 A presa da central hidroeléctrica de Belesar, é unha das máis importantes en Galicia e en España. O presidente da Xunta puxo en valor o potencial da nosa comunidade para liderar a transición enerxética e converterse nun referente na produción e almacenamento de enerxías renovables.

"Os recursos naturais que ten Galicia deben ser manexados con sentidiño, son fonte de riqueza e creación de emprego, son xeración de enerxía para industrias que están en Galicia e van ter sempre o apoio da Xunta de Galicia garantindo, por suposto, a sostibilidade ambiental e a preservación da contorna", dixo o presidente da Xunta.

A compañía Naturgy presentoulle ao Goberno galego os próximos proxectos para a comunidade, en que ten previsto investir case 600 millóns de euros ata 2027.

Na actualidade Galicia é a terceira autonomía con maior cota de produción de enerxía verde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade