Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez anuncia para 2025 un centenar de actos polos 50 anos da morte de Franco

Sánchez anuncia para 2025 un centenar de actos polos 50 anos da morte de Franco

Afirma que se avanza "con paso firme" na disolución da Fundación Franco

O 16 de decembro celebrarase un acto de homenaxe ás vítimas do franquismo

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez / EP
G24.gal 10/12/2024 13:35

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, acaba de anunciar que no ano 2025 celebraranse un centenar de actos baixo o lema "España en liberdade" polo 50 aniversario da morte do ditador Francisco Franco.

O anuncio tivo lugar durante un acto no que se entregaron certificados de reparación a 21 persoas por vítimas da ditadura franquista. Sánchez sinalou tamén que se creará un Alto Comisionado e un comité científico de expertos paran colaborar con todas as administracións na celebración destas actividades.

Ademais, o presidente explicou a importancia desta actividades, que teñen como obxectivo pór en valor a gran transformación que experimentou España neste medio século de democracia e render homenaxe a todas as persoas e "colectivos" que o fixeron posible.

Para esa finalidade, desenvolveranse máis dun centenar de "actividades culturais, eventos de diversa índole, en escolas, rúas, e museos" a partir do 8 de xaneiro.

Ademais, o xefe do Executivo celebrou os efectos que está a ter a Lei de Memoria Democrática desde a súa aprobación hai dous anos como, por exemplo, que se avanza "con paso firme" na disolución da Fundación Francisco Franco.

España contra o franquismo

O vindeiro luns 16 de decembro celebrarase unha homenaxe ás vítimas do Franquismo. Ía ter lugar o pasado 30 de outubro pero aprazouse por mor da DINA que o día anterior arrasara especialmente na provincia de Valencia.

A homenaxe, que conta co voto en contra do PP, arrincará coa intervención da presidenta da Cámara Baixa, a socialista Francina Armengol. Tamén intervirán dúas irmás do anarquista Salvador Puig Antich, executado a garrote vil en marzo de 1972, tras unha sentenza xurdida dun consello de guerra que o pasado mes de outubro foi declarada nula polo Goberno.

A continuación, terá lugar unha mesa redonda baixo o título 'As feridas da terra. Crónicas dun traballo de reparación histórica', na que intervirán o arqueólogo e director do Grupo Universidade e Memoria, Francisco Carrión; a arqueóloga e membro da Sociedade Aranzadi Lourdes Herrasti; o historiador Manuel Suárez e a representante do colectivo memorialista de Utrera (Sevilla) AMEHIS, Consolación Barroso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade