Seis persoas falecen nas estradas no inicio da primeira operación saída de agosto
Este sábado morreron en accidentes de tráfico tres persoas e o venres, outras tres
.jpg)
Seis persoas faleceron e unha quedou ferida grave na operación especial de tráfico do arranque do mes de agosto, desde as 15:00 horas do venres ata as 20:00 horas deste sábado.
A circulación na segunda xornada do operativo máis importante do verán non presentou complicacións, excepto ao mediodía que se rexistraron algunhas retencións en saídas de Madrid e de Barcelona e en vías de Xirona, Castelló, Sevilla, Burgos, Áraba e Gipuzkoa.
Durante o sábado rexistráronse tres accidentes con vítimas mortais. En Xetafe (Madrid) faleceu un motorista e quedou ferido grave o outro ocupante ao saírse da vía cando circulaban pola A-42.
Noutro sinistro ocorrido nun camiño veciñal en Tijola (Almería) faleceu outra persoa tras a colisión entre un turismo e unha moto. En Córdoba, na A-3051, houbo outra vítima mortal tras a colisión e envorcadura dun vehículo.
Feridos dous gardas civís
Ademais, dous gardas civís quedaron feridos graves na A-449 en Peñarroya (Córdoba) tras bater frontalmente cun vehículo que, segundo as primeiras investigacións, invadiu o carril contrario. O seu ocupante, de 29 anos, atópase en estado moi grave.
No arranque da operación e ata as 00.00 horas do venres, contabilizáronse outras tres persoas falecidas: unha en Barbate (Cádiz), na A-2231, outra en Cardeñosa (Ávila), na A-50, e outra en Piñor, na AG-53.
Tráfico prevé case nove millóns de desprazamentos por estrada durante a fin de semana e máis de 49 millóns en todo agosto.