Cargando resultados...
Soben a 223 as vítimas mortais pola dina en Valencia tras identificar o corpo dun cidadán marroquí
Os expedientes activos por desaparición descenderon de catro a tres como consecuencia desta identificación

G24.gal
20/12/2024 20:35
A cifra total de vítimas mortais rexistrada por mor da dina que afectou a provincia de Valencia o pasado 29 de outubro aumentou a 223, tras a identificación do corpo dun cidadán marroquí de 59 anos que figuraba entre os desaparecidos.
Así o informou o Centro de Integración de Datos (CID), que indicou que os expedientes activos por desaparición descenderon de catro a tres como consecuencia desta identificación.
Actualmente hai 223 persoas falecidas rexistradas por mor da dina. A todas elas practicóuselles a autopsia e todas están identificadas: 171 por pegadas dixitais, 48 por ADN e catro son identificacións hospitalarias en vida.