Un camión accidéntase na autoestrada en Oroso e perde 5.000 litros de gasóleo
O condutor tivo que ser liberado e foi trasladado en estado grave ao hospital en helicóptero

O accidente dun camión cisterna á altura do quilómetro 55 da AP-9, ao seu paso por Oroso, provocou a perda de 5.000 libros de gasóleo e deixou ao seu condutor ferido de gravidade. O accidente produciuse sobre as 16:25 horas deste venres.
Debido ao impacto, o condutor, que resultou ferido de gravidade, quedou atrapado e tivo que ser excarcerado para o seu traslado en helicóptero a un centro hospitalario.
Ademais, o vehículo, que transportaba gasóleo, perdeu uns 5.000 litros deste combustible.
Por iso, activouse o Plan de Protección Civil ante accidentes no transporte de mercadorías perigosas, Transgal, aínda que estas fontes sinalaron que a vertedura xa foi controlada.
Ao lugar acudiron os servizos de Urxencias Sanitaria de Galicia-061, os bombeiros de Ordes e Santiago, así como a Garda Civil de tráfico e Protección Civil.
Ademais, conforme detalla a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) o accidente provocou retencións na zona, onde a circulación é irregular.
A @Xunta activa o Plan de Protección Civil ante accidentes no transporte de mercadorías perigosas, #Transgal, tras envorcar un camión que transportaba gasóleo e derramar a súa carga.
— 112Galicia (@112Galicia) March 22, 2024
📍 AP-9, quilómetro 55, #Oroso.
➕ℹ️👇 pic.twitter.com/9GYjQmfSRi
