Cargando resultados...
Un camión sae da vía e bate contra unha vivenda na N 550 preto de Santiago
Malia aparatosidade do sinistro non houbo feridos de consideración
G24.gal
19/01/2025 15:07
Aparatoso accidente preto de Santiago de Compostela. Ocorreu na Nacional 550 en dirección Á Coruña, no lugar coñecido Sionlla de Abaixo. Segundo informan os bombeiros, un camión saíu da vía e foi bater contra unha vivenda. Outro vehículo, un Audi A4 estivo implicado no sinistro. Malia aparatosidade do accidente non houbo feridos de consideración.