Cargando resultados...
Un incendio calcina dúas vivendas sen causar danos persoais en Culleredo
Non había xente no interior pero houbo que desaloxar as casas lindeiras
O interior dunha das vivendas queimadas
G24.gal
25/05/2024 09:38
Última actualización 25/05/2024 14:53
O lume declarouse ás dez da noite do venres. Segundo informa a Axencia Galega de Emerxencias, varios particulares alertaron da presenza de fume e lapas nunha vivenda da avenida de Rueiro, no concello de Culleredo.
Ante a gravidade do incendio, os Bombeiros de Arteixo solicitaron reforzos e na extinción tamén participaron efectivos da Coruña e de Betanzos. O lume queimou dúas vivendas por completo que estaban baleiras.
Malia teren que desaloxar as casas lindeiras, non houbo persoas afectadas. Tras varias horas de intervención, os bombeiros conseguiron controlar e sufocar as lapas. Segundo explican, a orixe pode estar na cheminea dun dos inmobles afectados.
As dúas casas calcinadas polas lapas