Cargando resultados...
Un incendio nun alpendre en Pazos de Borbén obriga a desaloxar a vivenda lindeira
O propietario do alboio que iniciou a extinción tivo que ser atendido por inhalación de fume
G24.gal
20/12/2024 13:24
A Garda Civil investiga as causas dun incendio declarado a pasada noite en Cuartos de Borbén no concello e Pazos de Borbén.
Na extinción participaron os bombeiros do Porriño e Ponteareas e durou case tres horas. O propietario do alboio foi quen iniciou os labores por iso tivo que ser atendido no centro de saúde de Redondela por unha inhalación de fume.
Tamén houbo que desaloxar a vivenda lindeira co alpendre por afección de fume durante unhas horas.
No cuberto dividido en varias partes había pequena ferramenta agrícola e cúmulos de palla e no exterior madeira torada.