Cargando resultados...
Un raio ocasiona un incendio nas tubaxes dun depósito de gas en Boiro
As chamas empezaron ás 08:10 horas nunha nave no polígono de Espiñeira, sen que se rexistrasen danos persoais e sen que se entendese o lume
.png)
G24.gal
01/12/2024 10:40
En Boiro, un raio caeu este domingo preto das tubaxes dun depósito de gas en Boiro e provocou un incendio, segundo informa o 112.
As chamas empezaron ás 08:10 horas nunha nave no polígono de Espiñeira, sen que se rexistrasen danos persoais. Protección Civil informou de que cortaron rapidamente o acceso de gas nas tubaxes e o lume non se chegou a estender ata o depósito, que está próximo, polo que os bombeiros puideron apagar as lapas axiña.